Para ver ou descargar o caderno do millo, preme na imaxe:
Exposición Aquí hai tomate!
E con todo o que traballaron os alumnos e alumnas de 5º sobre o tomate, fixeron unha exposición no hall do colexio que quedou así de chula.
Aquí hai tomate!
O alumnado de 5º está levando a cabo o proxecto
interdisciplinar “Aquí hai tomate!” baseado no coñecemento de distintas
variedades de tomates, as súas características, plantación e coidado.
Primeiro eliximos e estudamos doce variedades distintas de
tomates. Unhas son coñecidas, como o Bola, o Cherry, o raf, o raf negro, o Corazón
de Boy, o Rosado, o Pera. Outras variedades son máis descoñecidos na nosa zona,
como o Muchamiel, o Montserrat, o Moneymaker ou o Andine Cornue, que ten forma
de pemento vermello.
Despois fixemos un traballo conxunto e exhaustivo das
doce variedades. Agora estamos moi atarefados preparando unha exposición para
dar a coñecer á comunidade escolar a orixe do tomate e as características das
variedades traballadas.
Tamén estamos a coidar as pequenas plantas que acaban de
nacer hai só unhas semanas. Estamos a darlles moitas doses diarias de mimos
para que medren. Cando sexan máis grandiñas
poderémolas transplantar.
Chegou o Samaín

Os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria realizaron a súa parte do proxecto traballando as cabazas. Para iso, e aproveitando as datas do Samaín, fixeron un mural que se puxo no hall do cole. Neste mural podemos atopar receitas de sobremesas feitas con cabazas (como a cabaza rechea de doce) ou de comidas como a crema de cabazas ou a cabaza ao forno. Os alumnos e alumnas de 3º tamén puxeron no seu mural un conto sobre unha cabaza que quería ser sandía, adiviñas, o ciclo da cabaza e algunhas cabazas decoradas que daban mooooito medo.
Aquí tedes algunhas fotos.
Cada curso a súa especie
1º e 2º de Ed. Primaria
En primeiro lugar abordaremos o tema teórico das
principais características, usos, coidados... de 6 variedades de plantas
aromáticas ( menta, salvia, romeu, tomiño, alfábega e lavanda). A continuación
crearemos unha horta vertical con materiais reciclados e observaremos o proceso
de crecemento das mesmas e finalmente as transplantaremos á horta escolar e
realizaremos obradoiros onde comprobaremos algunhas das súas posibles
utilidades.
Neste nivel traballaranse as cabazas. Aproveitando a plantación dunhas cabazas no
mes de maio de 2019, decidiuse terminar o proceso no vindeiro curso. Farase a
recollida das mesmas e se traballará nas materias arriba especificadas durante
o primeiro trimestre. Este período que coincide co Samaín é o adecuado para
facelo.
4º de Ed. Primaria
4º de Primaria traballará unha das especies máis
importantes do sector agrícola do noso país: os chícharos. A través de tres
tarefas farase un traballo de recompilación de información sobre esta especie e
aproveitarase a horta para sementar e recoller os chícharos na súa época.
5º de Ed. Primaria
5º de Primaria elixiu o tomate como elemento que actúe
como eixe da súa parte do proxecto da horta escolar. Partindo desta especie
traballarase a parte das plantas na materia de Ciencias Naturais, e tamén unha
parte de Historia de Ciencias Sociais.
6º de Ed. Primaria

Os nosos obxectivos
(1) Implicar e comprometer á comunidade educativa
no desenvolvemento do proxecto para a mellora e conservación da súa contorna,
procurar hábitos saudables e favorecer a sensibilización ecolóxica.
(2) Concienciar aos alumnos/as sobre a influencia
que ten o horto escolar no coidado da natureza e na harmonía natural das
distintas especies de plantas e insectos.
(3) Promover a formación do profesorado e familias
para concienciarlles da importancia do Medio Ambiente como instrumento para a
educación.
(4) Afianzar pautas e normas na actitude dos nosos
alumnos, favorecendo a relación noutro contexto social e cultural e interactuar
coas familias, alumnos e profesores.
(5) Fomentar o uso das TIC nos nosos alumnos para
incorporalas como recurso no seu proceso de ensino-aprendizaxe e buscar
información sobre o horto.
(6) Desenvolver actitudes de creatividade,
iniciativa e solidariedade a través do traballo cooperativo e impulsar a
curiosidade, o respecto, a responsabilidade e o coidado cara ao Medio Ambiente
nos labores do horto, a través da observación e experimentación.
(7) Utilizar a clasificación e a seriación no
proceso de sementeira.
(8) Estimular escóitaa activa, espertar o gusto
polos textos escritos e/ou visuais para desenvolver a concentración e a
atención dos alumnos.
(9) Potenciar a aprendizaxe-significativa, valorar
a importancia que ten o substrato, a auga e a luz no desenvolvemento das
plantas.
(10) Impulsar a lectoescritura cunha disposición
positiva cara aos textos escritos en cursos inferiores de Educación Primaria e
a escritura creativa en cursos superiores, usando o vocabulario do horto
escolar.
(11) Colaborar e reciclar os residuos orgánicos,
para xerar menos lixo mediante o aproveitamento de sobras do comedor escolar e
restos das plantas.
(12) Fomentar a colaboración coas familias e o
Centro para integrar as habilidades, valores e coñecementos nas distintas
actividades do proxecto, derivados do traballo do horto na aprendizaxe
significativa dos alumnos.
(13) Potenciar o pensamento conceptual e
asociativo, fomentando a imaxinación, a creatividade e o entusiasmo
desenvolvido nos hábitos de limpeza, coidado e orde.
(14) Fomentar o consumo de froitas e verduras
variadas, relacionándoas coas estacións do ano, así como implementar o horto no
ámbito escolar como recurso didáctico.
(15) Identificar e discriminar os alimentos,
plantas e vida animal que se desenvolven no horto escolar e desenvolver a
capacidade de investigación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)