Pestañas

Aquí hai tomate!


O alumnado de 5º está levando a cabo o proxecto interdisciplinar “Aquí hai tomate!” baseado no coñecemento de distintas variedades de tomates, as súas características, plantación e coidado.
Primeiro eliximos e estudamos doce variedades distintas de tomates. Unhas son coñecidas, como o Bola, o Cherry, o raf, o raf negro, o Corazón de Boy, o Rosado, o Pera. Outras variedades son máis descoñecidos na nosa zona, como o Muchamiel, o Montserrat, o Moneymaker ou o Andine Cornue, que ten forma de pemento vermello.
Despois fixemos un traballo conxunto e exhaustivo das doce variedades. Agora estamos moi atarefados preparando unha exposición para dar a coñecer á comunidade escolar a orixe do tomate e as características das variedades traballadas. 
Tamén estamos a coidar as pequenas plantas que acaban de nacer hai só unhas semanas. Estamos a darlles moitas doses diarias de mimos para que medren. Cando sexan máis  grandiñas  poderémolas transplantar.









Ademais, no hall de entrada do cole, estamos a preparar unha exposición sobre o tomate.