Pestañas

Caderno do millo

Para ver ou descargar o caderno do millo, preme na imaxe:


Caderno do tomate

Para ver ou descargar o caderno do tomate, preme na imaxe:



Exposición Aquí hai tomate!

E con todo o que traballaron os alumnos e alumnas de 5º sobre o tomate, fixeron unha exposición no hall do colexio que quedou así de chula.


 


Aquí hai tomate!


O alumnado de 5º está levando a cabo o proxecto interdisciplinar “Aquí hai tomate!” baseado no coñecemento de distintas variedades de tomates, as súas características, plantación e coidado.
Primeiro eliximos e estudamos doce variedades distintas de tomates. Unhas son coñecidas, como o Bola, o Cherry, o raf, o raf negro, o Corazón de Boy, o Rosado, o Pera. Outras variedades son máis descoñecidos na nosa zona, como o Muchamiel, o Montserrat, o Moneymaker ou o Andine Cornue, que ten forma de pemento vermello.
Despois fixemos un traballo conxunto e exhaustivo das doce variedades. Agora estamos moi atarefados preparando unha exposición para dar a coñecer á comunidade escolar a orixe do tomate e as características das variedades traballadas. 
Tamén estamos a coidar as pequenas plantas que acaban de nacer hai só unhas semanas. Estamos a darlles moitas doses diarias de mimos para que medren. Cando sexan máis  grandiñas  poderémolas transplantar.









Ademais, no hall de entrada do cole, estamos a preparar unha exposición sobre o tomate.






Chegou o Samaín


Os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria realizaron a súa parte do proxecto traballando as cabazas. Para iso, e aproveitando as datas do Samaín, fixeron un mural que se puxo no hall do cole. Neste mural podemos atopar receitas de sobremesas feitas con cabazas (como a cabaza rechea de doce) ou de comidas como a crema de cabazas ou a cabaza ao forno. Os alumnos e alumnas de 3º tamén puxeron no seu mural un conto sobre unha cabaza que quería ser sandía, adiviñas, o ciclo da cabaza e algunhas cabazas decoradas que daban mooooito medo.

Aquí tedes algunhas fotos.













Cada curso a súa especie


1º e 2º de Ed. Primaria
Dentro do proxecto "A nosa horta" 1º e 2º de Primaria traballarán as plantas aromáticas.
En primeiro lugar abordaremos o tema teórico das principais características, usos, coidados... de 6 variedades de plantas aromáticas ( menta, salvia, romeu, tomiño, alfábega e lavanda). A continuación crearemos unha horta vertical con materiais reciclados e observaremos o proceso de crecemento das mesmas e finalmente as transplantaremos á horta escolar e realizaremos obradoiros onde comprobaremos algunhas das súas posibles utilidades.


3º de Ed. Primaria
Neste nivel traballaranse as cabazas.  Aproveitando a plantación dunhas cabazas no mes de maio de 2019, decidiuse terminar o proceso no vindeiro curso. Farase a recollida das mesmas e se traballará nas materias arriba especificadas durante o primeiro trimestre. Este período que coincide co Samaín é o adecuado para facelo.


4º de Ed. Primaria
4º de Primaria traballará unha das especies máis importantes do sector agrícola do noso país: os chícharos. A través de tres tarefas farase un traballo de recompilación de información sobre esta especie e aproveitarase a horta para sementar e recoller os chícharos na súa época.


5º de Ed. Primaria
5º de Primaria elixiu o tomate como elemento que actúe como eixe da súa parte do proxecto da horta escolar. Partindo desta especie traballarase a parte das plantas na materia de Ciencias Naturais, e tamén unha parte de Historia de Ciencias Sociais.


6º de Ed. Primaria
Neste nivel a especie elixida é o millo. Esta especie traída de América tras a colonización por parte dos españois foi sen dúbida unha grande transformadora da economía europea. Por isto, elixiuse esta especie, por poder traballar a través dela a materia de Ciencias Naturais pero tamén Ciencias Sociais na súa parte de Historia, ademais doutras materias, tal como sucedía coa especie elixida por 5º de Ed. Primaria dentro deste proxecto para a creación dunha horta escolar.

Os nosos obxectivos


(1) Implicar e comprometer á comunidade educativa no desenvolvemento do proxecto para a mellora e conservación da súa contorna, procurar hábitos saudables e favorecer a sensibilización ecolóxica.
(2) Concienciar aos alumnos/as sobre a influencia que ten o horto escolar no coidado da natureza e na harmonía natural das distintas especies de plantas e insectos.
(3) Promover a formación do profesorado e familias para concienciarlles da importancia do Medio Ambiente como instrumento para a educación.
(4) Afianzar pautas e normas na actitude dos nosos alumnos, favorecendo a relación noutro contexto social e cultural e interactuar coas familias, alumnos e profesores.
(5) Fomentar o uso das TIC nos nosos alumnos para incorporalas como recurso no seu proceso de ensino-aprendizaxe e buscar información sobre o horto.
(6) Desenvolver actitudes de creatividade, iniciativa e solidariedade a través do traballo cooperativo e impulsar a curiosidade, o respecto, a responsabilidade e o coidado cara ao Medio Ambiente nos labores do horto, a través da observación e experimentación.
(7) Utilizar a clasificación e a seriación no proceso de sementeira.
(8) Estimular escóitaa activa, espertar o gusto polos textos escritos e/ou visuais para desenvolver a concentración e a atención dos alumnos.
(9) Potenciar a aprendizaxe-significativa, valorar a importancia que ten o substrato, a auga e a luz no desenvolvemento das plantas.
(10) Impulsar a lectoescritura cunha disposición positiva cara aos textos escritos en cursos inferiores de Educación Primaria e a escritura creativa en cursos superiores, usando o vocabulario do horto escolar.
(11) Colaborar e reciclar os residuos orgánicos, para xerar menos lixo mediante o aproveitamento de sobras do comedor escolar e restos das plantas.
(12) Fomentar a colaboración coas familias e o Centro para integrar as habilidades, valores e coñecementos nas distintas actividades do proxecto, derivados do traballo do horto na aprendizaxe significativa dos alumnos.
(13) Potenciar o pensamento conceptual e asociativo, fomentando a imaxinación, a creatividade e o entusiasmo desenvolvido nos hábitos de limpeza, coidado e orde.
(14) Fomentar o consumo de froitas e verduras variadas, relacionándoas coas estacións do ano, así como implementar o horto no ámbito escolar como recurso didáctico.
(15) Identificar e discriminar os alimentos, plantas e vida animal que se desenvolven no horto escolar e desenvolver a capacidade de investigación.