
Para un traballo deste
tipo, cómpre involucrar a toda a comunidade educativa partindo dun método
globalizado e significativo. É o que ven
dicindo o documento da OCDE (2003) sobre as competencias: “Supón unha combinación de habilidades
prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros
compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para
lograr unha acción eficaz”. Esa acción eficaz precisa de profesores, pais,
nais, Dirección e por suposto alumnos e alumnas para chegar a bo porto. É necesario
traballar na escola actividades relacionadas cos hábitos saudables, as normas
de convivencia, o medio ambiente e a alimentación, e resulta máis doado facelo
por medio da posta en marcha dunha horta escolar. “As actividades que se
realizan e as experiencias que se viven en torno ao horto escolar, espertan facetas
e potencialidades que dificilmente pódense activar simplemente recorrendo aos
libros ou ás novas tecnoloxías de comunicación ou docentes” (Escutia, 2009, p.
204).
Como dicíamos, debemos
destacar que un dos alicerces fundamentais para poder levar a cabo este
proxecto con éxito é que os docentes decatémonos da importancia que teñen os
hortos escolares como medio para a aprendizaxe, así como para mellorar a
educación en relación coa conservación do medio ambiente e todo o que nos
aporta á sociedade na que vivimos. A necesidade dunha coordinación entre os
docentes é fundamental, en canto ás estratexias metodolóxicas e didácticas que
se van a usar e a súa implicación na elaboración e deseño dos materiais,
adaptándoos aos diferentes estilos e ritmos de aprendizaxe, tendo en conta a
diversidade dentro do aula e reflexionando en común para levar a cabo unha boa
praxe educativa.
O proxecto “A nosa horta” xorde como resposta da Etapa de
Primaria á necesidade de que os alumnos e alumnas teñan a oportunidade de
experimentar, coñezan a riqueza medioambiental e de biodiversidade da nosa zona,
e mesmo valoren a importancia das plantas como base fundamental da nosa saúde,
alimentación e economía.
A través desta Unidade Didáctica coñeceremos polo miúdo o
funcionamento dunha horta escolar, e tentaremos que o noso traballo reflicta na
práctica todos aqueles contidos traballados na aula en diferentes materias e
cursos.
A consecución dos obxectivos atópase estreitamente
relacionada co desenvolvemento dos contidos do proxecto curricular do centro no
que se leva a cabo, tomando como referencia o Decreto 130/2007, de 28 de xuño
polo que se establece o currículo na educación primaria da Comunidade Autónoma
de Galicia.
A LOMCE, na seu preámbulo, fomenta a formación de persoas
autónomas e activas, con autoconfianza, curiosas, emprendedoras e innovadoras;
así como insiste na importancia que ten a relación entre alumnos, familia e
escola. Determina que os alumnos actuais cambiaron radicalmente en comparación
aos alumnos de fai unha xeración. Hoxe en día, polo impacto das novas
tecnoloxías e a globalización,
o alumnado cambiou no seu xeito de aprender, comunicarse,
concentrar a súa atención e abordar unha tarefa. É por isto que se necesita
favorecer as condicións para un cambio metodolóxico oportuno e que o propio
alumnado sexa un elemento activo no seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Finalmente, dicir que o que se pretende con este proxecto
é precisamente iso, que os nenos mostren interese en diferentes especies
vexetais, as súas características, a súa reprodución, etc. Partindo dos seus
coñecementos previos sexan capaces de modificar as súas estruturas de
coñecemento a través das novas aprendizaxes, e aprendan a través de
experiencias que multipliquen as súas competencias.